Blogia

Andresadas

Flora Tristán. Obxectivos da organización

Flora Tristán. Obxectivos da organización

Flora Tristán é unha institución feminista que opera dende 1979 coma unha asociación civil sen ánimo de lucro. Unha das súas misións principais é " combatir as causas estructurais que restrinxen a cidadanía das mulleres e o afectan no seu exercício. En consecuencia, propónse incidir na ampliación da cidadanía das mulleres e nas políticas e procesos de desenvolvemento para que respondan a criterios e resultados de equidade e xustiza de xénero".

TAREFAS DA INSTITUCIÓN

- Fortalecer a participación, acción e expresión política do xénero feminino.
- Formular e negociar políticas públicas e iniciativas de reforma legal.
- Xestionar e monitorear programas destinados á consecución de logros estratéxicos para as mulleres.
- Capacitar a axentes claves para a implementación de accións cuxo obxectivo sexa loar e difundir o pensamento feminista: a equidade e a xustiza de xénero, entre outros valores.
- Coñecer novos conceitos que axuden a cimentar propostas sólidas e que enriquezan ás mulleres desde o punto de vista político.
- Informar, educar, comunicar para a opinión pública

Timotei, loiras contra morenas

Timotei, unha coñecida marca de champús, acondicionadores e demáis artigos para o cuidado do cabelo, lanzou unha nova campaña publicitaria en televisión e en Internet. O título seleccionado foi loiras contra morenas. nos anuncios que a marca está a emitir por televisión, aparecen dous tipos de mulleres: as louras e as morenas. no primeiro anuncio, observamos a unha rapaza loira expoñendo a sua opinión, criticando ás morenas, e defendendo a súa cor de cabelo. Defendéndose dunha maneira un tanto peculiar: "As morenas din que falan con homes, pois como non sexa co seu pai e co seu irmán, non sei eu que homes van falar con elas...". As loiras afirman ser máis belas e máis atractivas que as morenas. As morenas deféndense de outra maneira distinta, afirmando que as loiras pode que sexan guapas, pero de cerebro andan moi xustiñas.

A páxina web ofrécenos mais información sobre a campaña de Timotei. Nada máis entrar no website, che pide que escollas o teu "bando": se es morena ou loira. Unha vez escollido o bando do que formas parte, (Timotei Henna para as morenas e Timotei Camomila para as loiras) aparece un menú no que podes escoller os vídeos dos anuncios, e tamén vídeos caseiros elaborados por aquelas que queiran expor o que pensan do outro grupo de rapazas. Ademais dánche a posibilidade de enviar eses vídeos ao bando oposto desde a mesma páxina e de enviar os teus proprios vídeos caseiros. Outro dos apartados convídate a contemplar as diferentes postais elaboradas por un bando ou por outro, ademáis dun curioso chiste sobre o bando contrario. Tamén podes enviar os postais ao teu maior inimigo.

A páxina web colga na rede tamén descargas para o teu móbil, para o teu ordenador e tamén para o teu MSN Messenger, ademais do xogo que xa aparece ao inicio da páxina. Neste xogo, debes escoller a cor do teu cabelo. Entón de o ter escollido, podes rexistarte como xogador ou se só queres xogar por entretemento, por curiosidade, colocar un nickname co que participar. O xogo é simple: consiste en lanzar ao inimigo a modo lanzamento de martelo das Olimpíadas o máis lonxe posíbel. Para iso, debes empregar o rato cando a roda que aparece na parte superior esquerda, estea ao máximo. ¿ que vos parece?

Timotei realizou un concurso para a defensa da cor do cabelo. Na páxina web podes defender a tua cor por dúas vias: con frases ingeniosas sobre as rivais ou con vídeos de menos de 5 MB (é un requerimento). Podes tamén enviar a túas suxestións sobre que opinas desta idea publicitaria de Timotei. ¡ Ah! Esquecíaseme... tamén fala das propiedades da Henna e de Camomila ( dependendo de se es loura ou morena).

¿ É normal que porque Timotei teña duas modalidades de champú para diferentes cores de cabelo, cree esta rivalidade? O meu entender si, porque ainda que semelle que non, esta rivalidade contínua existindo... , ¿ ou non? ¿ Existe algunha rivalidade? ¿ É certo que as loiras son parvas pero despampanantes, e que as morenas son intelixentes pero pouco agraciadas fisicamente? ¿ Son máis guapas as morenas que as loiras? A miña opinión é que son unha retahíla de sandeces... pero se alguén pensa o contrário, que o comente, por favor... E se pensades como eu tamén... A cuestión é que comentedes.

Hitch. Especialista en ligues

Hitch. Especialista en ligues

Podemos atopar nas nosas salas de cine, o novo filme de Will Smith, a última comedia que realizou o actor norteamericano, titulado Hitch. Especialista en ligues. A historia desenvólvese na cidade estadounidense por excelencia, Nova Iorque.

Pola metrópolis ronda un mito, un rumor, que ninguén disipa, nen ninguén sabe se é certo , ¿ Existe o Doutor Love? En efeito existe. El é Alex Hitch ( Will Smith), un home que axuda a aqueles que non conseguen atraer á muller desexada, ideando planos, usando tácticas de sedución e tentando dárlle posibilidades a aqueles que probabelmente non as terían. Tódolos seus clientes saíron vitoriosos, pero de súpeto ao Doutor Love aparécelle todo un reto. El é Albert Brenamann ( interpretado por Kevin James), un obeso contable que está tolamente namorado da súa xefa, unha muller rica, famosa e coñecida por toda a sociedade dos Estados Unidos. Ela chámase Allegra Cole ( a actriz é Amber Valletta), e case nin se dá de conta de que el existe. Como outros, Albert decide contratar os servizos de Hitch, o que acepta o reto coma unha tolémia.

Mentres tanto, Hitch, na sua típica rolda polos whisky bars da cidade, coñece a Sara Melas( interpretada por Eva Mendes), unha xornalista especialista en prensa rosa e que rexenta a sección de cotilleos, e Hitch cos seus xeitosos dotes de conquistador consegue unha cita con ela. A medida que pasa o tempo se van coñecendo mellor e mellor e... , ¿ O que? ¿ que conte mais? Non, non, iso seria sacárlle a previsibilidade á historia, ainda que admito que é menor do que esperaba... , ¿ Que pasa co gordiño e a ricachona? ¿ Logran conxeniar? Non é o tipo de filme que recomendaría ir ver, ainda que é unha comedia simpática e por outra parte, orixinal, xa que moitos dos detalles de humor non os esperas. É un filme comercial, non trata de mandar nengunha mensaxe nen de transmitir un pensamento ou sentimento. Tan só trata de contentar ao público cunha película romántica ( para asi atraer ás parelliñas) e de humor ( para que vaia todo aquel que queira pasar un bo anaco rindo).

En resumo, a historia trata de mostrar o complicado e desquiciante que ás veces pode resultar para un home lograr conquistar a unha muller que desexa. Ainda que a moralexa da historia ( ainda que isto non sexa unha fábula), é que cada un debe actuar tal e como el é, e desde entón para conquistar á muller que queres, debes seguir o que che dite o corazón. Acábovos de amolar parte do filme, pero agora fícavos por saber como descobre Hitch que o seu traballo, en moitas ocasións, foi realizado en van.

A imaxe da muller neste filme é como a do grande descoñecido, é dicir , ¿ En que pensan as mulleres? ¿ Hai forma de entendelas ? Moitos homes plantexáronse esta pregunta en máis dunha ocasión, e é un grande dilema para todo aquel que está namorado e trata de seducir á muller que quere. No filme non se trata de mostrar unha imaxe denigrante da muller, senón que trata de explicar algunhas cousas, pequenos detalles que no fondo, desde o meu punto de vista, non sei se darán resultado. Ficareime cunha frase do filme, citado polo propio protagonista, Hitch:
" Debes ter duas cousas: chulería e cháchara, xa que senón, non hai chatis."
¿ Que opinades vós?

DADOS INTERESANTES DO FILME

Dirección: Andy Tennant.
País: USA.
Ano: 2005.
Duración: 122 min.
Xénero: Comédia romántica.
Interpretación: Will Smith (Alex "Hitch" Hitchens), Eva Mendes (Sara Melas), Kevin James (Albert Brennaman), Amber Valletta (Allegra Cole), Michael Rapaport (Ben), Adam Arkin (Max Trundle), Julie Ann Emery (Casey), Kevin Sussman (Neil), Robinne Le (Cressida), Nathan Le Graham (Geoff), Jeffrey Donovan (Vance), Paula Patton (Mandy).
Guión: Kevin Bisch.
Producción: James Lassiter, Will Smith e Teddy Zee.
Música: George Fenton.
Fotografia: Andrew Dunn.
Montaxe: Troy Takaki e Tracey Wadmore-Smith.
Deseño de producción: Jane Musky.
Dirección artística: Patricia Woodbridge.
Vestiário: Marlene Stewart.
Estreo en USA: 11 Febreiro 2005.
Estreo en España: 4 Marzo 2005

Moolaadé. Unha historia real

Moolaadé é un filme atípico nas carteleras españolas. Para comezar, está dirixida por un director de máis de oitenta anos que pode ser coñecido polos grandes amantes do cine: o senegalés Ousmane Sembene. Este filme trata o terrorífico e actual ( por desgraza) tema da ablación, que consiste en extirpar o clítoris a aquelas mulleres de curta idade para as purificar e estar preparadas para o casamento, e que se desprendan da posibilidade de ter pracer.

Este filme, a diferenza da maioria, está rodado con actores que non son profesionais, pero o impacto do filme é a obxectividade e a frialdade coa que se trata o tema, mostrando a realidade tal e como é, sen nengún tipo de tapuxo. no filme, unha nai que sofreu a ablación cando tan só era unha cria, non está disposta a que a súa filla pase polo mesmo proceso. Moitas veces, esta operación é realizada en calquera lugar, coas menores medidas hixiénicas, sen nengún tipo de seguridade, polo cal, moitas nenas acaban morrendo desangadas.

A nai decide exercer a Moolaandé ( cuxo significado é protección), para que a súa filla non teña que ser-lle extirpado o seu clítoris. Á vez que á sua filla, defende a moitas outras nenas do povoado. O xefe da tribo torna de estudar de Europa, e contempla o caso que se lle presenta, tentando ter unha decisión, se seguir coa norma ( ten a presión da maioria do poboado) ou retira-la ( este novo grupo de persoas reivindican os dereitos da muller). A crua realidade é que ainda en mais de corenta paises se contínua practicando a ablación do clítoris. Este filme foi premiada no festival de Cannes, cunha mención especial do xurado, e ademais. é o primeiro filme africano que contén esceas de sexo explícito.

Moolaandé, estreo o dia 18 de marzo. Dirixida por Ousamane Sembene e protagonizada entre outros por Fatoumata Coulibaly e Maïmouna Hèlene Diarra.

Dia Mundial dos Dereitos dos Consumidores. 15 de Marzo

Dia Mundial dos Dereitos dos Consumidores. 15 de Marzo

O día 15 de Marzo ( sinto escribi-lo artigo de maneira tan atrasada) celebrouse o Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores, dia ao que, FACUA lle dá especial importancia. Este ano, a federación centróuse no tema dos alimentos transxénicos, problema da sociedade actual, e que preocupa non só a FACUA, senón tamén a moitas asociacións e federacións de consumidores que se unen á causa desta pioneira.

No enlace que lles poño ó inicio do artigo, poden ollar, por exemplo, beneficios e perxuicios dos alimentos transxénicos, como é utilizada a tecnoloxáa para que os alimentos cheguen aos postos de venda, a biotecnoloxía... e, mesmo, unha carta do presidente da federación, na que expón os obxectivos e os propósitos que o organismo trata de lograr con esta campaña.

A páxina web de Axe

A páxina web de Axe

Hoxe en dia se navegando pola rede, decidimos ir á páxina de Axe, atoparemos unha desactualización absoluta, posto que ainda se contínua promocionando a campaña de Nadal do producto, realizando unha convidación a aquelos que queiran votar ás postais que a xente que quería participar no concurso creou para felicitar a Nadal. foron catro as seleccionadas ( ainda que se poña cinco como número de finalistas na páxina web, tan só aparecen catro carteis).

O primeiro cartel chama a atención: unha morea de tangas de muller de cor vermello apiñados en forma de árbore de nadal, cun calzonciño branco na parte de enriba, co Axe en cor negra, actuando en vez da estrela.

No segundo, vemos como unha muller disfrazada de Papá Noel está sentada encima dun bote de desodorante Axe. De fondo un ceo azulado, cun slogan na parte inferior: O efecto Axe. A ollada da muller é sensual, intrigante, excitante, destas que podriamos dicer, cortan a respiración... ,¿ O traxe de Papá Noel, non lle abriga demasiado? ¡ que va! A muller se coloca nunha postura insinuante, mostrándonos parte das súas longas e femininas pernas... A rapaz, de debuxos animados, pódenos lembrar, pola súa semellanza, a Jessica Rabbit.

Unha rapaza vestida cun provocativo vestido vermello sobre un fondo branco, convida-nos a participar na festa que Axe celebra no Teatro Kapital, incitándonos coa sua ollada, e os seus beizos, que nos están a lanzar un bico que se reflecte claramente no fondo. Este terceiro cartel, utiliza a imaxe dunha chica morena, cuxa ollada diríxese cara esa marca de beizos que significa o bico que nos envia. O vermello está presente en todo o cartel: o vestido, os beizos da xoven, o 2005 do texto inicial do cartel, o bico que envia a xoven, e,mesmo, as uñas da xoven, pintadas tamén desa cor. A outra cor importante é o negro: o cabelo, o Feliz do texto inicial, e o slogan que se atopa na parte inferior dereita: Espéroche no teatro Kapital. Esta frase provoca unha atenzón especial para os homes: ela vai estar alá, tes que ir á festa ( iso pensaran alguns inxénuos, ou, mesmo, que todas as mulleres que estean alá, serán igual de preciosas que a do cartel).

E, por último, no cuarto cartel, a rapaz é loira, a diferenza do terceiro. Neste, a cor azul é o máis destacabel, e non se atopa a cor vermello por ningures, a diferenza dos outros dous. As montañas, o lago, as árbores... Todo o fondo da imaxe está representado por un azul claro cuns pequenos toques de branco, facendo referéncia á neve, e, ao mesmo tempo, ó Nadal. Ademais do fondo, a muller ten unha ollada que penreta e cega, e que impacta no receptor do anuncio de forma especial. Os seus penetrantes ollos azuis compleméntanse co seu bikini, tamén azul, o bote de desodorante e o slogan típico destas datas: Feliz 2005. Por outra parte, o seu cabelo loiro ten unha certa semellante coa cor da superficie sobre a que a rapaza está tombada...

Outras opcións da páxina web, ademais de poder ver os carteis son: poder envíar estes carteis aos teus amigos a través da website, via e-mail; tes a posibilidade de descargar o salvapantallas de Axe, no que verás pasar a unha muller con longas botas negras, cuns sensuais andares, desfilar e bailar en fronte ao ardente lume. O curioso, é que tan só se ven as pernas da muller, de maneira que aumente o morbo daqueles que vexan a secuéncia, imaxinándose como pode ser a muller. En outro enlace que pon: Queres xogar comigo?, coa foto do terceiro cartaz gañador, os usuários de Internet acceden a un xogo, no que, cunha pluma, podes facer cóxegas a unha muller vestida de vermello que está tombada sobre unha enorme cama. Dependendo da zona onde lle fagas cóxegas, a muller reacciona dunha maneira ou outra, que non desvelo para aquilos interesados que a queiran ollar... En todo caso, o xogo ofrece a posibilidade de ser enviado, de se rexistar para que outros xogos deste tipo sexan mostrados...

E vostedes ou vós ( como queiran ser tratados) ¿ que lles parece esta páxina web? ¿ Non era Axe un desodorante? Na miña opinión, este tipo de website deberia pertencer a outra organización ou a outro creador, xa que non creo que Axe expoña para nada o seu producto, ainda que se mostre as supostas satisfaccións que nos pode chegar a ofrecer. En calquera caso, non me semella correcto que esta sexa a páxina web de Axe, ainda que recoñezo que o contido resulta simpático... Pero... , ¿machismo=simpatia? ¿ Considerades a publicidade de Axe machista?

GTA San Andreas. A polémica

GTA San Andreas. A polémica

O GTA San Andreas é un novo xogo de acción para a Play Station 2. É unha continuación da saga creada para esta vídeo-consola, despois de ter creado xogos como o GTA, GTA II, GTA III, GTA Vice City... ( GTA significa en inglés Grand Theft Auto). Este xogo ofrece grandes posibilidades, múltiples aventuras nas que o usuario pode embarcarse . A medida que o xogador consegue completar as misións; acumula diñeiro, armas, vehículos e todo o que precise para o futuro.

Outras accións que pode realizar todo aquel que participe neste xogo son, por exemplo, matar a todo aquel que apareza por diante, con múltiples armas ( bazookas, rifis, lanza-granadas... e armas que non son de fogo, coma un bate ou mesmo cos propios puños do protagonista da historia...); roubar vehículos con facilidade, e, tamén, recoller prostitutas nos carros roubados ( como curiosidade, destacamos que as prostitutas teñen a capacidade de rexurdir, é dicir, de lle dar puntos de vida aos xogadores). A liberdade neste xogo rebasa tódolos lindes... O GTA San Andreas ten á sua disposición unha páxina web para información dos máis curiosos, explicando todo luxo de detalles sobre o xogo.

Este xogo está recomendado, , a maiores de 18 anos, pero isto non supón que os mais pequenos non reciban a sua influencia. Como xogador de vídeo-consola, recoñezo que este xogo é apaixoante, que a liberdade de actos fainos vivir e sentir a ficción que os creadores do xogo formaron para o noso disfrute. Por outra banda, considero que non é un bon exemplo para os máis pequenos, xa que estes, con pouca capacidade do uso da razón, poden recibir unha influencia nociva e perxudicial. Ainda asi, outros xogos violentos xa provocaron grandes traxedias, como o famoso "Asasino da katana", pero non creo que este rapaz cometera ese crime tan só pola influencia dese xogo. Considero que non é posíbel que agora un neno que xogue ao GTA San Andreas se poña a roubar carros pola rúa, nen a matar á xente, porque é consciente de que tán só é ficción. Esa é a cuestión, saber separar a realidade da ficción. Con isto, non quero dicir que estea a favor de que os nenos xoguen a este xogo, considero acertado a recomendación deste entretemento para maiores de 18 anos. Prefiro que vostedes debatan e reflexionen sobre o xogo. ¿ Xogaron? ¿ Gustaríalles facelo ? ¿ Que influencia cren que provoca este xogo realmente?

Por último, explicar o motivo da intrusión deste artigo no meu web blog. O sexo está presente ao longo do xogo: as prostitutas son un factor fundamental, xa que, no caso de que o xogador se vexa agonizando recorre a estas para que lles salve a vida. Visto desde o punto de vista humorístico, non é mais que un detalle simpático do xogo, pero... ,¿ É que sempre está o corpo e a muller como detalle de comedia?

No apartado de enlaces do web blog, teñen para a sua disposición outro web blog no que aparece información rica e variada sobre este xogo ( clicar sobre a imaxe-portada do xogo).

Campaña Fem-tv por unha publicidade non sexista

Campaña Fem-tv por unha publicidade non sexista

Esta campaña é unha iniciativa que se leva a cabo para tentar que se cree unha publicidade orixinal e exitosa sen necesidade de degradar á muller, como principal obxectivo, ainda que loita tamén contra a vulneración dos dereitos das persoas por motivos raciais ou económicos.

La campaña Fem-tv outorga premios a aqueles reclamos publicitarios que expresen da mellor forma posíbel o avance das mulleres na publicidade, e mostre a posibilidade de que haxa igualdade entre homes e mulleres. Por contra, existen os premios Sapo-tv que se outorgan a aqueles anuncios con connotacións machistas e sexistas.
A primeira campaña deste tipo foi organizada no ano 1988, pero co regreso da paz en Perú, retirouse a celebración deste prémio. En principio, a organización corria a carrego da Rede Alternativa de Comunicadoras. Este premio podia supór xenreira ou desprezo aos valores tradicionais, e por estes motivos foi esquecido até o ano 1998, no que esta publicidade tiña un novo alicente: a publicidade gañadora no festival de FEm-tv participaría tamén no Festival Iberoaméricano da Publicidade (FIAP), e no rubro Publicidade non Sexista, organizado por SEM Arxentina e que auspicia o Fondo para o Desenvolvemento da Muller das Nacións Unidas (UNIFEM).

Na actualidade, a Campaña contra a discriminación na publicidade é unha iniciativa impulsada por diferentes organismos e colectivos, tales como o colectivo Fem-tv, integrada polo centro da muller peruana Flora Tristán, o colectivo radial feminista, o movimento Manuela Ramos, DEMUS e a Asociación de Comunicadores Calandria.

Flora Tristán: Centro da Muller Peruana.
«Porque pensamos que sí es posible realizar una publicidad creativa y exitosa sin vulnerar los derechos de las personas, lanzamos la octava edición del premio Fem-Tv, a la publicidad que mejor exprese el avance de las mujeres en la sociedad y promueva relaciones más equitativas entre hombres y mujeres. Y el antipremio Sapo-Tv, a la publicidad más machista y sexista.»

Gañadores dos últimos anos do premio Fem-tv
2004. Reencontro. Agencia Ogilvy para Sprite.
2003. Mensaxe optimista. Agencia Properú para E. Wong.
2002. Comunicación. Agencia Ogilvy para Telefónica.
2001. Visa futbolista. Agencia BBDO para Visa Internacional.
1999. Comunicate . Agencia Properú Publicidade S.A. para Banco de crédito.
1998. Aceite Primor. Agencia J. Walter Thompson para Alicorp.

Axe. Márcalles o camiño

Axe. Márcalles o camiño

A marca de desodorantes Axe realizou unha campaña fai dous anos cuxo slogan era o seguinte: Márcalles o camiño. A campaña do ano 2003 desta marca centrábase en dous anuncios, nos cales se colocaron denuncias por violar as normas da lexislación publicitaria, e por degradar, ofender e ridiculizar ao xénero feminino, rebaixándoo a mero obxecto sexual e a escrava do home, xa que as mulleres hechízano, enméiganno por dicilo dalgunha maneira pola fragancia que desprende o desodorante en cada home.

Os anuncios mais coñecidos e destacados foron dous:

No primeiro deles, un home novo atópase no seu cuarto de baño, aplicándose Axe por todo o corpo. O rapaz desliza o spray desodorante marcando unha liña que parte da súa man e vaise dirixindo a través do seu brazo e o seu torso cara o destino que a el lle interesa para que a muller se dirixa a el: os xenitais. Máis tarde, estando o rapaz nun automóvil sentado no asento de condutor; a sua acompañante, unha muller nova e atractiva comeza a ulir e apreciar o desodorante, e vese atraída por el incontrolabelmente, polo que a muller acaba seguindo o rasto que préviamente marcara o home no seu cuarto de baño.

No segundo, un home novo tamén ( os protagonistas dos anuncios acostuman ser ao mesmo tempo os que representan aos consumidores, sempre cun ideal de beleza destacado nas mulleres, mentres que os homes tratan de ser sempre uns exemplares non moi agraciados fisicamente, para que se poida crer que o efecto que Axe logra coas mulleres é efectivo sexas como sexas...) que aplica o desodorante a un percheiro. A continuación, a muller que estaba con el no cuarto, tombada sobre unha cama, comeza a bailar de forma moi sensual, a modo de striptease debido á excitación que lle provoca o olor do desodorante supostamente. O home utiliza o seu desodorante en spray mentres ela está a bailar para atraer a sua atención, xa que o home é agora o que está colocado na cama. De novo, comprobamos unha clara referéncia ao acto sexual.

Estes dous anuncios e a campaña en xeral foron denunciados e retirados tras un xuízo celebrado en Madrid. A través desta páxina web (enlace):http://www.auc.es/docum/reclam03/RESOLUCION%20AXE.pdf, podedes ver todos os detalles sobre este caso de denúncia e retirada de anuncios por claro contido sexual erróneo.

Fraga: Pienso morirme sin poner condón

Fraga: Pienso morirme sin poner condón

O presidente da Xunta de Galicia, Don Manuel Fraga Iribarne fai declaracións con desparpaxo e coas ideas claras. Tras recoñecer a súa condición de católico, apostólico romano; o presidente de 82 anos asegura non ter utilizado preservativo e que nunca o vai utilizar, colocándose a favor da postura da Igrexa, que nun principio se situaba nun pensamento a favor do uso do preservativo, pero máis tarde rectificou, tachando o método de ser un atentado contra os meios da Igrexa.

As palabras do dirixinte galego foron textualmente as seguintes:
"Yo, desde luego, que toda mi vida, como es sabido, he dicho la verdades sin condón, pienso morirme sin ponerme ninguno". Ademais, Don Manuel, mostrou o seu aprecio e favoritismo cara a Igrexa, e segura estar ao servizo da Sua Santidade, o Papa.

A partir destas declaracións, xerouse unha polémica abondo grande, e que está ainda presente na opinión pública. Ademais, a Conferéncia Episcopal involucróuse, mudando a sua postura, e tachando o uso do preservativo de inmoral.

A MIÑA OPINIÓN PERSOAL

Considero que o que o presidente da Xunta declarou está fora de contexto do que en realidade se deberia declarar: utilizar o preservativo prevén das enfermidades de transmisión sexual, é un método anticonceptivo eficaz nun 99%, e a sua difusión e a facilidade de uso son factores que aseguran unha vida sexual sana e confortabel.

Cada vez son maiores os embarazos non desexados, o contaxio de enfermidades de transmisión sexual... , ¿ O mellor remedio ao SIDA é a virxindade? Considero que todos debemos desfrutar do sexo seguro, sano e cómodo. A miña postura atea pode ser un pouco conflictiva en relación a outros pensamentos católicos e relixiosos, pero simplemente estou a dar unha opinión, que creo, baixo o meu punto de vista debería ser.

Fotografía: www.el-mundo.es/elmundo/ 2005/01/20/sociedad/1106225671.html

Santa Katabirra 2005

Na facultade de Ciencias Sociais e da Información celébrase tódolos anos, como patrona dos publicitarios, un festexo en honra a Santa Catalina. A festa é chamada, tanto por alumnos como por profesores e demáis persoal da facultade como Santa Katabirra.

O día 8 de marzal é o último para que os alumnos presenten os carteis que poden elaborar para anunciar esta festa. O premio final é de 30 € e entre as bases do concurso destacan as seguintes:
Din A 3
Formato (29,7X42)
O cartel debe estar presentado a tres tintas.

Esta iniciativa é levada a cabo polos propios estudantes, e serve para involucrar mais aos alumnos da facultade para que mostren as súas habilidades, poñan a proba o seu enxeño, e demostren os seus dotes publicitários. ¡ Animádevos a participar!